bienal
(< lat biennāle)
-
adx
Relativo ou pertencente a un bienio ou ao que dura este período.
Ex: Ocupa un cargo bienal na empresa.
Confrontacións: bianual. -
-
adx
Que se repite cada dous anos.
Ex: O trofeo de tenis é bienal
Confrontacións: bianual. -
adx
[BOT]
Aplícase ás plantas monocárpicas, cun ciclo vexetativo que dura dous anos: no primeiro xermola a semente, desenvólvense os órganos vexetativos e acumúlanse reservas; e no segundo a planta florece e dá froito.
-
s
f
[ARTE]
Manifestación que ten lugar cada dous anos en forma de exposición de diversas artes plásticas. As principais son as de Venecia, São Paulo e París. A Bienal de Venecia foi instituída no 1895 coa finalidade de comparar as direccións estéticas dos diferentes países e de enriquecer o coñecemento dos artistas novos. Esta intención foi desfigurada na época fascista e, despois dunha interrupción de seis anos causada pola guerra, retomou a súa actividade no 1948, transformada coa intención de descubrir novos talentos e novas tendencias e, ao mesmo tempo, presentar interesantes retrospectivas. En 1968 foi sabotada por moitos artistas de tendencia progresista que a acusaban de estar mediatizada polo poder oficial. A Bienal de São Paulo foi instituída no 1951 por Francisco Matarazzo Sobrinho e estaba pensada para centrar alternativamente en América, os anos impares, a manifestación que nos anos pares tiña lugar en Venecia. En 1969 tamén foi obxecto dunha abstención por parte da arte progresista como protesta ao réxime ditatorial de Brasil. A Bienal de París, dedicada especialmente á xuventude, foi creada no 1959. Nela dáse moita importancia aos traballos de equipo e ás buscas máis novas. Coa consolidación das múltiples opcións vangardistas, as bienais perderon combatividade e fixéronse máis selectivas. En Galicia celébrase a Bienal de Pontevedra.
-
adx