1 billón

1 billón

(

s m [NUMIS]

Aliaxe de prata e cobre, empregada para a fabricación de moedas de pouco valor na maior parte dos estados europeos, desde o s X ata o s XIX. En Castela, o billón, como unidade de conta, usouse baixo a denominación de real de billón. Ata a guerra de Sucesión se mantivo, aínda que cunha feble aliaxe de prata. A partir do s XVII a conta en reás de billón foise espallando de tal xeito que no s XVIII era unha forma totalmente xeneralizada, cada vez con menor cantidade de prata. Chegou a ser oficial na monarquía hispánica, baixo Xosé Bonaparte, primeiro, e baixo Isabel II despois. Á fin deste reinado, desde xuño de 1864, intentouse a introdución dunha nova unidade, o escudo, de valor equivalente a dez reás de billón, reforma que perdurou ata a Revolución de 1868. No s XX substituíuse o cobre por aluminio e níquel en aliaxe.

Palabras veciñas

billete | billeteira | Billinger, Richard | 1 billón | 2 billón | 3 billón | Billon, Pierre