bimotor -ra

bimotor -ra

(< bi- + motor)

  1. adx

    Que ten dous motores.

    Ex: Había varias lanchas bimotoras no peirao.

  2. s m [AERON]

    Avión provisto de dous motores dispostos, por regra xeral, simetricamente segundo o eixe da fuselaxe, nas ás ou na mesma fuselaxe. No caso de estaren dispostos nas ás, están situados cara ao intradorso ou o extradorso, ou máis ou menos adiantados respecto da fuselaxe, co fin de acadar o equilibrio necesario para continuar o voo en caso de parada dun dos motores.

Palabras veciñas

bimilenario -ria | bimodal | bimolecular | bimotor -ra | Binaced | binación | binandereano