binarismo

binarismo

(< binario)

s m [LING/FILOL]

Método que consiste en ordenar todas as características distintivas fonolóxicas, e lingüísticas en xeral, en grupos, que tenden a aumentar en progresión xeométrica, de oposicións entre dous membros correlativos. Foi introducido na Fonoloxía por Roman Jakobson para poder trasladar as oposicións privativas do lugar de articulación nos sistemas vocálicos ao dos sistemas consonánticos.

Palabras veciñas

binapacril | binar | binario -ria | binarismo | binaural | Binchois, Gilles | binco