biocircuíto
biocircuíto
(< bio- + circuíto)
s
m
[BIOL/TECNOL]
Circuíto microelectrónico realizado sobre unha capa de polímero que se grava e que se dopa, despois de estar depositada sobre un soporte illante, cunha técnica semellante ás que se empregan para fabricar os circuítos integrados. O material condutor -certas proteínas naturais ou artificiais- presenta unha gran variedade de propiedades respecto dos tradicionais semicondutores. As dimensións dos elementos destes circuítos permiten unha integración a escala xigantesca (Giant Scale Integration, GSI), e velocidades de transmisión da información da orde de cen veces maior ca a acadada nos circuítos VLSI.