bioflavonoide
bioflavonoide
(< bio- + flavonoide)
s
m
[BIOQ]
Cada unha das substancias flavónicas do complexo vitamínico P, constituídas por unha mestura de distintas flavonas que teñen acción vitamínica. A súa deficiencia produce un aumento da permeabilidade e a fraxilidade das paredes capilares. Poden aparecer en concentracións importantes nos distintos cítricos.