biomecánica
(
-
s
f
[BIOL]
Estudio das diferentes estruturas de tipo mecánico existentes nos seres vivos.
-
s
f
[BIOL]
Enfoque da Bioloxía, asistida pola Enxeñería, que busca unha explicación mecánica (ou, máis exactamente, física) dos fenómenos vitais que se producen nos seres vivos. Aplícase no ámbito da Medicina deportiva e en técnicas de rehabilitación.
-
s
f
[LIT]
Termo utilizado no ámbito da teoría teatral por Vsevolod Meierhold, discípulo de Konstantine Stanislavski, que consiste nun método de adestramento do actor onde se presta especial importancia ao xesto, ao movemento, á postura e ao espacio, desenvolvendo todo un programa de formación no que teñen especial importancia o aparato físico do actor (voz incluída), a acrobacia, a danza, os procedementos da Commedia dell’Arte italiana, a improvisación e a música. Meierhold formula, xa que logo, unha nova teoría da interpretación na que a elaboración do personaxe se entende e practica desde unha perspectiva construtivista, pois o actor “constrúe” o seu personaxe desde o exterior e non desde o interior, tal e como propuxera, na súa primeira etapa, Konstantin e Stanislavsk. É así como o actor mantén a consciencia da convención e o control do seu personaxe, executando unha partitura interpretativa sen chegar a confundirse ou perderse nel. As teorías de Meierhold teñen especial relevo nas correntes e tendencias formuladas a partir de finais do primeiro tercio do s XX.