biorritmo

biorritmo

(< bio- + ritmo)

s m [BIOL]

ariación cíclica ou recorrente dun acontecemento ou dun estado biolóxico. Algúns ritmos internos son independentes dos factores externos, como os latexos do corazón ou os movementos respiratorios; outros son probablemente adaptacións a fenómenos naturais recorrentes, como os períodos de sono, e están regulados por reloxos biolóxicos. Houbo unha teoría, que non acadou demostración científica, que tentou atopar biorritmos no comportamento do ser humano; así o estado físico tería un ciclo de 23 días, o emocional de 28 días e o intelectual de 33 días (segundo W. Fliess, H. Swoboda e A. Telstcher, respectivamente).

Palabras veciñas

biorreactor | biorreoloxía | biorretroacción | biorritmo | biorritmoloxía | bios | BIOS