bipartidismo
bipartidismo
(< bi- + partidismo)
s
m
[POLÍT]
Sistema de partidos baseado na existencia de dúas únicas organizacións ou, no caso de existir máis, na supremacía de dous partidos no panorama electoral. Son exemplos desta alternancia no poder os casos de Gran Bretaña (entre o Partido Conservador e Partido Laborista) ou España (entre forzas conservadoras e socialdemócratas), en Europa; Uruguay (Partido Blanco e Partido Colorado) e Argentina (Partido Radical e Partido Justicialista), en Hispanoamérica; ou o caso estadounidense onde está practicamente institucionalizada a alternancia entre o Partido Demócrata e o Republicano.
Ex: As enquisas vaticinan un proceso electoral marcado polo bipartidismo.
Citas
- As enquisas vaticinan un proceso electoral marcado polo bipartidismo.