Bir Kiseiba

Bir Kiseiba

Zona do deserto exipcio onde se detectaron xacementos arqueolóxicos con evidencias tanto do Mesolítico como do Neolítico nun espazo temporal que abrangue do X ao VI milenio. A transición do Mesolítico ao Neolítico divídese en catro fases definidas pola presenza de determinados tipos arqueolóxicos. De máis antiga á máis moderna son: El Adam, caracterizada por laminiñas de dorso; El Korteim, por puntas pedunculadas; El Ghorab, por triángulos; e El Nabta, por burís, se ben esta última xa pertence á zona desértica de Nabta-Playa. Ao longo deste proceso de transición apareceron as cerámicas impresas de tradición sahariana, restos de plantas silvestres e ósos de bóvidos que, malia as escasas diferencias que mostran con respecto aos tipos asilvestrados, se interpretan como resultado da domesticación debido a que non serían quen de sobrevivir nun clima tan árido sen un certo control humano.

Palabras veciñas

biquela | biquelo | biqueque | Bir Kiseiba | Bīr Zelten | birahuí | biraro