Biscutella

Biscutella
[PLANTA]

Xénero de herbáceas da familia das brasicáceas, de pétalos amarelos e froitos unidos e dispostos en parellas (silicua dídima). En Galicia é común a especie B. valentina, propia de lugares montañosos e pedregais, que se caracteriza por ser perenne. Acada entre 10 e 50 cm de altura e presenta flores en acio e follas basais lanceoladas, máis ou menos divididas, e hirsutas igual ca os talos.

Palabras veciñas

biscoito | biscotte* | biscuit* | Biscutella | bisecado -da | bisecar | bisección