Bishop, anel de
Bishop, anel de
[ASTRON]
Círculo de cor castaña avermellada que pode verse en certas ocasións, co ceo claro, arredor do Sol, situado a unha distancia de entre 10° e 20° de separación do astro. Atribúese a un efecto de difracción producido polo po volcánico en suspensión nas zonas altas da atmosfera.