bispo
(
-
[RELIX]
-
s
m
Cristián que recibiu a ordenación episcopal, considerada como a plenitude do sacramento da orde pola Igrexa Católica, as igrexas ortodoxas, a igrexa veterocatólica, as igrexas episcopalianas e outras relacionadas coa comuñón anglicana. Habitualmente ten ao seu cargo o coidado espiritual e o goberno eclesiástico dunha diocese. Na época patrística o bispo constituía o centro da vida das igrexas locais. No ano 313, cando o Emperador romano Constantino recoñeceu oficialmente o Cristianismo, o bispo pasou a converterse en instrumento da estrutura política territorial do Imperio. Durante a Loita das Investiduras, a Igrexa loitou para defender a súa independencia do forte poder imperial apoiándose noutro poder igual de forte, o do Papa. En consecuencia, os bispos, liberados do poder temporal do Emperador, quedaron sometidos ao poder temporal da curia romana. Teoloxicamente, o bispo unía o poder de administrar os sacramentos, recibido por ordenación, ao de ensinar e gobernar a Igrexa (xurisdición), recibido directamente do Papa. A partir do Concilio Vaticano II pasou a considerarse como representante, non do Papa, senón de Xesucristo, do que recibe o ministerio apostólico de mestre, sacerdote e condutor a través da ordenación episcopal, alcanzando a plenitude do sacramento da orde. O mesmo Concilio indicou que a elección do bispo debía ser un asunto interno e exclusivo da Igrexa, abriu vías para a intervención do pobo cristián e aceptou a notificación previa da elección á autoridade civil.
Ex: Foi bispo noutra diocese antes de ser arcebispo.
-
bispo auxiliar
Bispo nomeado para axudar a outro bispo (o bispo titular) na administración da súa diocese.
-
bispo coadxutor
Bispo nomeado para axudar a outro (o bispo titular), con certa xurisdición e con dereito de sucesión automática no momento do cesamento do titular.
-
bispo diocesano/ordinario/ residencial/titular
Bispo encargado dunha diocese, na que exerce a xurisdición ordinaria.
-
bispo “in partibus infidelium” arc
Bispo promovido á orde episcopal dunha antiga diocese, carente na actualidade de fieis e de clero.
-
bispo sufragáneo
Bispo situado baixo o mando dun metropolitano ou arcebispo.
-
s
m
-
s
m
[ICT]
escarapote.