bitola

bitola

(< anglosaxón wittol‘coñecedor’)

  1. s f

    Medida reguladora que serve como padrón.

  2. s f

    Banda en forma de anel, xeralmente cun deseño gráfico, que rodea os cigarros puros e que as fábricas lles colocan como distintivo.

    Ex: Dende pequeno colecciona bitolas de todo o mundo.

  3. s f

    Cada un dos modelos de cigarros puros que se distinguen pola lonxitude, grosor e configuración.

  4. s f

    Ancho dunha peza de madeira.

  5. s f [BÉL]

    Esquema para calibrar as balas de canón ou de fusil.

  6. s f

    Aparencia dunha persoa que orixina unha determinada impresión sobre ela. OBS: Ás veces tamén se pode referir ao aspecto dunha cousa.

    Ex: A súa bitola non deixa lugar a dúbidas: é unha persoa que coida excesivamente o seu aspecto.

Frases feitas

  • Beber á bitola. Beber deixando que o líquido verta desde unha certa altura.

Formas incorrectas

vitola

Palabras veciñas

Bitlis | Bitmap | Bitnet | bitola | Bitola | bitón | bitonal