biuret
biuret
-
s
m
[BIOQ]
Amida do ácido alofánico, obtida por quentamento da urea. Preséntase en forma de cristais solubles en auga e alcohol. Fai a típica reacción do biuret. Emprégase en análises químicas.
-
reacción do biuret
[BIOQ]
Reacción de identificación das substancias con máis dun enlace peptídico (típica do biuret e das proteínas), obtida ao poñelas en contacto, nunha solución alcalina, con sulfato de cobre. Prodúcese un complexo entre o cobre e os grupos -NH- dos enlaces peptídicos, que dá unha cor vermella violácea.