bixa

bixa

(< caribe bija ‘ vermello’)

  1. s f [PLANTA]

    Arbusto ou árbore pequena de follas lanceoladas cordiformes, flores vistosas, de cor rosada, agrupadas en glomérulos terminais e cápsula espiñenta, con sementes de arilo vermello. Cultívase en moitas zonas tropicais.

  2. s f [IND]

    Colorante natural extraído da cortiza da árbore do mesmo nome. Un dos seus principios químicos é a bixina. Emprégase en produtos alimentarios, como o queixo e a manteiga, e en tecidos.

Palabras veciñas

biwa* | Biwa-ko | BIWE | bixa | bixáceo -a | bixaira | bixairo