Bjerkandera
Bjerkandera
[FUNGO]
Xénero de fungos da familia das biercanderáceas que producen cogomelos de ata 10 cm de lonxitude, semicirculares, sen pé, de cores castañas en bandas concéntricas, e cunha cutícula aveludada. A cara inferior, que presenta uns poros arredondados e moi pequenos, é de cor gris e tórnase castaña ao ser presionada. En Galicia é común a especie B. adusta, que vive sobre a madeira.