Blade Runner
Blade Runner
[IMAX]
Produción norteamericana realizada en 1982 e dirixida por Ridley Scott. Foi interpretada por Harrison Ford, Rutger Hauer, Sean Young e Edward James Olmos. Trátase dunha adaptación persoal da novela de Philip K. Dick Soñan os androides con ovellas eléctricas?. No ano 2019, na cidade de Los Angeles, encárgaselle ao detective Deckard (Harrison Ford) o traballo de atopar e destruír catro robots “replicantes” infiltrados na Terra na procura da maneira de alongar as súas vidas, prefixadas polos seus creadores. Nesta misión coñece a Rachel (Sean Young), unha replicante, da que se namora.