blefarite

blefarite

(

  1. s f [PAT]

    Inflamación, ulcerosa ou non, do bordo ciliar das pálpebras que afecta os folículos das pestanas e as glándulas exocrinas; as pálpebras atópanse arrubiadas, inflamadas, doloridas, e prodúcese un exudado viscoso.

  2. blefarite angular [PAT]

    Blefarite na que resulta afectado o ángulo interno do ollo con obturación dos condutos lacrimais ou dacriocistite.

  3. blefarite escamosa [PAT]

    Blefarite de manifestación crónica caracterizada pola presenza de escamas na base das pestanas; a súa causa é a miúdo descoñecida, pero ás veces relaciónase con alerxias e exposicións ao pó, ao tabaco ou a substancias químicas.

  4. blefarite parasitaria [PAT]

    Blefarite causada por parasitos como os ácaros ou os piollos.

  5. blefarite ulcerosa [PAT]

    Blefarite producida xeralmente por bacterias, sobre todo estafilococos, que determinan a formación de úlceras e de carpolas purulentas.