blister*

blister*
  1. s m [IND/EMPR]

    Envoltura constituída por unha película de plástico transparente que se soprou para darlle a forma do obxecto que ten que conter e que, unha vez introducido este obxecto, se enganche sobre un fondo de cartolina; utilízase para o envase de obxectos de venda polo miúdo, especialmente en réxime de autoservicio.

  2. s m [XEOL]

    Forma local, semellante a unha inchume escoriácea duns poucos metros de amplitude, ou a un pequeno volcán (chamado en México volcancito), que aparece como consecuencia da ascensión de vapor de auga a través dunha riada de lava que circula por riba dunha área pantanosa ou dunha corrente de auga.