Boado

Boado
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe que se estableceu en Montouto e no palacio-fortaleza de Melide. Tamén tiveron casas en Cormes (partido de Becerreá), Franza (partido de Pontedeume), Armuño, etc. As súas armas levan escudo partido: primeira partición, en campo de ouro, con tres paos de goles; segunda partición, en campo de ouro, cun león coroado da súa cor natural. Outra variante ten: escudo coa furna do Apóstolo Santiago, e tras dela a cruz de Santiago, cargada dunha estrela de seis puntas na intersección dos brazos, sobre campo de prata. Os Sánchez Boado ostentan escudo acuartelado: primeiro cuartel, de azul, cun brazo armado empuñando unha espada denuda; segundo cuartel, de prata, cun pendón de goles en banda, cargado de dous cascos, e tres tambores xunto a tres arcabuces de prata; terceiro cuartel, de goles, cun castelo de prata, e saíndo das súas ameas unha muller sostendo na man destra unha bandeira branca; cuarto cuartel, de ouro, cunha aguia de sable e tres lises, de azul, no xefe.