boca
(< lat bucca)
-
-
s
f
[ANAT]
Orificio do comezo do tracto dixestivo ou da cavidade dixestiva que presentan a inmensa maioría dos animais. Nos animais diploblásticos, como as medusas e as hidras, corresponde á comunicación da cavidade gastrocélica co exterior. Nos triploblásticos pode corresponder ao blastóporo da gástrula (diversos protostomados) ou deberse a unha neoformación. Nos vertebrados esta neoformación ten lugar por perforación da placa bucal.
-
s
f
[ANAT]
Estrutura en forma de cavidade, aberta inmediatamente despois do orificio bucal e en conexión co tubo dixestivo -do que é, de feito, a primeira parte-, que posúen moitos animais. Primariamente é a estrutura pola que se inxiren os alimentos, e secundariamente, nos vertebrados, forma parte do aparato respitatorio e fonador; nalgúns casos colabora tamén no sistema defensivo e ofensivo do animal. Os invertebrados presentan unha boca máis ou menos desenvolvida (excepto os que sufriron modificacións atróficas a causa do parasitismo, ou os que se nutren por filtración ou por osmose), constituída basicamente por un aparato bucal. Nos vertebrados a morfoloxía da boca varía segundo os grupos, pero polo xeral está recuberta interiormente por unha membrana mucosa e contén os dentes (excepto nas aves actuais), a lingua, elementos receptores dos estímulos gustativos, táctiles ou térmicos, e as glándulas bucais; os vertebrados que producen sons adoitan utilizar a boca para modificalos (modulalos, articulalos, etc). Nos mamíferos terrestres hai labios propiamente ditos que actúan de esfínteres musculosos, moi relacionados coa sución, que abren e pechan o orificio bucal. Na boca ten lugar a fase bucal ou cefálica da dixestión.
-
boca a boca /
[ANAT/MED]
Método de respiración artificial que consiste basicamente en inducir a respiración do paciente expirando fortemente na súa boca.
-
s
f
[ANAT]
-
s
f
Os labios como parte da cara ou da fisionomía.
Ex: Sempre anda cun cigarro na boca.
-
s
f
-
Abertura, semellante ou comparable á boca, que comunica a parte exterior coa interior dalgunha cousa.
Ex: Quedei con ela na boca do metro.
-
[BÉL]
Parte anterior da alma dunha arma de fogo.
-
[ETN]
Parte da zoca que se corresponde coa empeña do pé.
-
[MAR]
Extremidade anterior dalgúns botalós ou dalgúns picos, de forma semicircular, pola que se aseguraban ao pau por medio do colar de raca.
-
[MAR]
Abertura dun zapón.
-
[MÚS]
Abertura que teñen na táboa harmónica os instrumentos de corda da familia dos laúdes.
-
[MÚS]
Abertura dos instrumentos de vento da familia das frautas polo que entra o aire no tubo. A boca biselada corresponde á frauta doce e instrumentos semellantes (frauta pequena e tubos de órgano), mentres que a boca lateral é propia da frauta de través.
-
[OFIC]
Abertura entre dúas partes fixas ou móbiles dunha ferramenta ou dun instrumento.
Ex: Suxéitao coa boca dos alicates para poder apertalo.
-
[OFIC]
Parte da cabeza dun martelo de ferro con dúas cuñas que se emprega para arrincar os cravos ou para apertalos.
-
[TÉXT]
Extremidade dunha manga ou dunha perneira, a miúdo gornecida cun puño ou cun embozo.
-
[OFIC/IND]
Furado por onde saen as labras nalgunhas formas de traballar a madeira.
-
[XEOG]
Embocadura dun río ou de cada un dos seus brazos.
Sinónimos: desembocadura. -
[XEOG]
Entrada dun porto, dun río, dunha ría, dunha canle ou mesmo dun estreito.
-
[ZOOL]
Abertura terminal da cuncha dos moluscos gasterópodos e doutros animais que posúen cuncha, como os foraminíferos.
-
[ZOOL]
Pinza na que rematan as patas dos crustáceos.
-
[ZOOL]
Órgano que usan os cefalópodos para adherirse a algunha superficie.
Sinónimos: ventosa. -
boca da chamborra/cheminea
Entrada da cheminea.
-
boca da nasa
Furado da nasa que se cobre cun tapón.
-
boca de fogo
[BÉL]
Orifico de calquera arma que se carga con pólvora.
-
boca de incendios
[ENX]
Toma de auga ramificada sobre unha canalización de gran caudal, que está situada na vía pública ou á entrada dun inmoble, e onde poden conectarse as mangueiras de auga para a extinción de incendios. Con forma de piar de ferro, de arqueta ou de armario na parede, é para uso reservado dos bombeiros.
-
boca de lanterna
[ARQUIT]
Zona de contacto entre a lanterna e a cúpula.
-
boca de rego
[ENX]
Chave lateral dun cano principal da rede de distribución de augas dunha poboación que abastece da auga necesaria para regar as rúas.
-
boca do cope /PESCA
[MAR/PESCA]
Parte ampla, na pesca con chinchorro, que se atopa no principio do cope.
-
boca do estómago
Esófago ou epigastrio.
-
boca do forno
Oco do forno.
-
boca do peito
epigastrio.
-
boca falsa
[CONSTR]
Na construción de túneles, entrada dunha galería secundaria.
-
vaso de boca cadrada
[ARQUEOL]
Tipo de vaso propio dunha fase avanzada do Neolítico europeo, da cultura dos sepulcros de fosa.
-
xogos de boca
[MÚS]
Serie de tubos do órgano no que o son se produce dun xeito semellante á frauta doce, distintos dos tubos de lingüeta. Comprenden os xogos de frautas e bordóns.
-
-
s
f
Persoa ou animal como consumidor de alimentos.
Ex: Hai moitas bocas pasando fame nos países pobres.
-
-
s
f
[LING]
Conxunto dos órganos produtores e articulatorios de sons lingüísticos.
-
boca a boca
[COMUN]
Termo coloquial que describe a información sobre produtos ou servicios que se transmite oralmente de persoa a persoa. Tamén se chama publicidade oral.
-
boca pechada
[MÚS]
Forma de cantar, xeralmente na música coral, consistente en emitir o son coa boca pechada, sen articulación de ningunha palabra, a través da que se obtén unha sonoridade susurrante e unha función instrumental destinada a partes de acompañamento ou, con menor frecuencia, á execución de melodías. O seu uso conseguiu un éxito notable a partir da metade do s XlX.
-
s
f
[LING]
-
s
f
Dente ou fío dalgún instrumento cortante.
Ex: Esta serra xa ten as bocas gastadas.
-
s
f
Conxunto das partes sobre as que actúa o freo das cabalerías.
-
[INFORM]
-
s
f
Espacio na caixa dun ordenador destinado á conexión de elementos periféricos ou para instalar novos elementos no interior da mesma, como unha tarxeta gráfica ou a unidade lectora de DVD-ROM.
Sinónimos: badía. -
s
f
Dispositivo deseñado para que diversos periféricos se poidan conectar a un ordenador a través del. Na práctica, é un aparato que permite ampliar o número de portos dun ordenador dun xeito sinxelo e barato.
-
boca de unidade
Espacio da caixa dun ordenador que pode aloxar unha unidade de disco.
-
s
f
-
boca de can
[ETN]
Ferro que leva nun extremo a gabita do carro tradicional.
Frases feitas
-
1 Coa boca mirando en sentido oposto á dirección do chan.
-
1 Aplicado a persoas e obxectos con boca, que a teñen mirando para o chan.
-
Calárselle as palabras na boca de alguén. Enmudecer esa persoa.
-
Falar á boca chea. Dicir calumnias dalgunha persoa.
-
1 Bocexar.
-
2 Falar precavidamente.
-
2 Pasar algunha privación para obter outra cousa.
-
2 Coa face de interese visible.
-
2 Falar.
-
2 Nas superficies con varias caras, coa superficie que causa interese virada, de tal xeito que non se vexa.
-
3 Aborrecerse.
-
4 Espertar o apetito dalgunha persoa.
-
A boca chea. Falar claramente.
-
A boca de xerro. A unha distancia curta.
-
Abrideira de boca. Bocexo.
-
Abrir (algunha persoa) a boca.
-
Abrir (algunha persoa) moito a boca. Poñerlle un prezo moi alto a algunha cousa.
-
Andar con/ter algunha cousa na boca. Falar sempre do mesmo tema.
-
Andar de boca en boca/andar en bocas/na boca da xente/de todos/do mundo.
-
Boca abaixo loc adv
-
Boca aberta. Persoa que fala moito, cando non debe e sen coñecementos do que fala.
-
Boca arriba loc adv
-
Boca podre. Persoa malfalada.
-
Calar a boca. Non expresar o que se quería dicir.
-
Ceo/teito da boca. Padal.
-
Chorar a boca pechada. Calar.
-
Co credo na boca. Co perigo xa inminente.
-
Coa boca aberta. Quedar ou deixar a alguén estupefacto.
-
Coa boca pequena. Presentar falta de sinceridade.
-
Comer a pedir de boca. Comer ben e abondosamente.
-
Comer ás bocas cheas. Comer en gran cantidade.
-
Como embude á boca do xerro. Que vén a propósito.
-
De boca a orella. Confiar a alguén algún segredo.
-
De mans a boca. Batendo contra algunha cousa case cos fociños.
-
Deixar coa palabra na boca/cun palmo de boca aberta a alguén. Sorprender a algunha persoa.
-
Enfriárselle o ceo da boca (a alguén). Falecer.
-
Estalarlle a castaña na boca a alguén. Levar un chasco.
-
Estar coa auga deica a boca. Estar nalgún apuro.
-
Estar coa barriga á boca. Estar a piques de dar a luz.
-
Estar coa boca aberta. Estar pampo.
-
Facer de boca cu. Negar algunha cousa que se afirmou anteriormente.
-
Facerlle a boca un frade/cura a alguén/ter boca de frade. Aplícase a unha persoa que está sempre pedindo.
-
Facerse/volverse a boca auga. Sentir gusto.
-
Falar coa boca pequena. Non ser totalmente sincero.
-
Falar de boca para fóra. Falar para quedar ben co interlocutor.
-
Falar pola boca doutra persoa. 1 Non expresar ideas propias, senón as de alguén.
-
Gardar a boca. Non comer cantidades excesivas ou non inxerir produtos prexudiciais.
-
Ir e vir como o xerro vai á boca. Vagar dun lugar para outro.
-
Levar e traer a alguén na boca. Murmurar sobre algunha persoa.
-
Mételle o dedo na boca! Expresa que unha persoa non é idiota.
-
Meterlle o dedo na boca a alguén. Enganalo con facilidade.
-
Meterse na boca do lobo. Expoñerse ao perigo.
-
Mollar a boca. Beber.
-
Non dar tapado a boca. Non dar conseguido que alguén cale.
-
Non descoser/desfechar a boca. Non falar.
-
Non estar coa auga á boca. Ser adiñeirado.
-
Non gardar as papas na boca. Non gardar un segredo.
-
Non lle caber as mentiras na boca. Aplícase a persoas moi mentireiras.
-
Non lle caber o pan na boca a alguén. Non saber gardar segredos.
-
Non ter papas na boca. Falar con claridade.
-
Non ter que levar á boca. Estar sen diñeiro.
-
Os cantos da boca. As comisuras da boca.
-
Pola boca pequena. Aplícase cando se fala sen pensar realmente o que se di.
-
Poñer boca nunha persoa. Falar moi mal desa persoa.
-
Quentárselle a alguén a boca. Falar demasiado sobre algunha cousa.
-
Quitar/sacar/tirar a comida/as cousas da boca. 1 Persoa que come mal coa intención de aforrar diñeiro.
-
Quitarlle/sacarlle/tirarlle algunha cousa da boca a alguén. Adiantarse ao que ía dicir outra persoa.
-
Saír (algunha cousa) a pedir de boca. Ter moi bo resultado algunha cousa.
-
Se é pan, quítasmo da boca. Aplícase cando unha persoa di o que outra ía dicir nese preciso momento. (
-
Ser un boca branda. Ser moi lambereteiro.
-
Ser/parecer unha persoa) da boca aberta. (Ser ou parecer) bobo.
-
Tapar bocas. Pór freo a unha persoa que está criticando ou censurando a outra.
-
Taparlle a boca a alguén. Facer calar a unha persoa.
-
Ter (unha persoa) a boca como unha rabada. Ser incapaz de gardar segredos.
-
Ter ourizos na boca. Falar sen parar.
-
Unha da boca lle sae, a outra no corpo (papo) lle queda. Aplícase a quen cala o que lle convén ou que non di o que pensa.
-
Unha noite como a boca do lobo. Noite escura e tenebrosa.
Refráns
- Boca sen moas é coma muíño sen pedras.
- O mal entra pola boca e pola boca sae.
- Pola boca quéntase o fomo / e o vello e todo.