Boeing Company, The

Boeing Company, The

Empresa norteamericana dedicada á construción de material aeronáutico e espacial, fundada no ano 1934 como sucesora da Boeing Airplane Company (1916) por fusión desta coa United Aircraft and Transport Corporation. As instalacións principais están en Renton, Seattle e Wichita. O Boeing 247 (1933) foi o primeiro avión de transporte totalmente metálico. Destacaron na súa época os bombardeiros B 17 Flying Fortress, B 29 Superfortress e B 52 Stratofortress. Entre os avións comerciais a reacción, destacan o Boeing 747 e o Boeing 747 Jumbo, de gran capacidade. Dende 1996, logo da fusión coa McDonnell-Douglas, cambiou o nome polo de The Boeing Company. É a empresa aeronáutica máis grande do mundo.

Palabras veciñas

Boedo Núñez, Xosé | Boedo, Pazo de | boehmita | Boeing Company, The | Boeing, William | boeira | Boeira