boldo
boldo
(< mapuche boldu)
s
m
[PLANTA]
Árbore que acada os 8 m de altura, de follas persistentes, opostas, ovadas e pilosas, moi aromáticas, ao igual que a cortiza e as flores, que son dioicas e están reunidas en cimas terminais. Vive en bosques esclerófilos de Chile. As follas ricas en esencias e en boldina, empréganse para combater as afeccións hepáticas, e como tónico, estimulante e dixestivo enérxico; tamén se usan como condimento.