Boletín Informativo Colegio Oficial de Veterinarios

Boletín Informativo Colegio Oficial de Veterinarios
[PUBLIC]

Saíu publicado en xuño de 1961 en Lugo, e cesou posiblemente en 1963. Era unha revista técnica ao tempo que informativa. Publicou traballos sobre gandería, economía, enfermidades de animais e, en xeral, sobre toda clase de actividades agrarias. Contaba con catro seccións “Editorial”, “Sección legislativa”, “Sección informativa” e “Telegramas”. Na editorial afirmaban a intención de difundir novas e información diversa entre os seus asociados.