bolómetro
bolómetro
(
s
m
[METROL]
Instrumento de precisión que permite medir a intensidade de radiacións febles, inventado por S. P. Langley en 1880. Está formado por dúas tiras de platino moi finas, practicamente iguais e ennegrecidas, que constitúen dous dos brazos dunha ponte de Wheatstone. Unha delas recibe o fluxo de enerxía, que produce nela variacións de temperatura e de resistencia; a corrente eléctrica da ponte rexístrase mediante un galvanómetro. O bolómetro emprégase en Astrofísica e na medida do espectro infravermello.