boloñés -sa

boloñés -sa

(< topónimo Boloña)

  1. adx

    Relativo ou pertencente a Boloña ou aos seus habitantes.

    Sinónimos: bononiense.
  2. s

    Natural ou habitante de Boloña.

    Sinónimos: bononiense.
  3. raza boloñesa [GAN]

    Raza cabalar que pertence ao tipo británico e que presenta dúas variantes, unha con exemplares corpulentos (650-700 kg), moi apropiados para o tiro pesado, e a outra con exemplares máis pequenos (uns 500 kg), aptos para servicios mixtos. Actualmente a cría está reducida aos cabalos de tiro pesado.