Bombina

Bombina
[ANIMAL]

Xénero de anfibios anuros da familia dos discoglósidos, coñecidos co nome de sapos de ventre de lume ou sapiños de ventre coloreado. Son sapiños de ata 5 cm de lonxitude, acuáticos e diúrnos, coa parte inferior do corpo escura e con áreas marelas, laranxas ou vermellas, e a superior escura e verrugosa. Teñen as pupilas en forma de corazón, arredondada ou triangular. Cando se ven ameazados, arquean o dorso e levantan as patas anteriores ou mesmo dan a volta para amosar o ventre coloreado, co que os depredadores potenciais están previdos da toxicidade da súa pel. Distribúense pola maior parte de Europa e están ausentes da Península Ibérica.

Palabras veciñas

bombílido -da | bombilio | bombilla | Bombina | bombo | Bombo, El | bombón