boqueira

boqueira

(< boca)

    1. s f

      Entrada folgada para o paso de persoas, animais e vehículos salvando un obstáculo ou un desnivel.

      Ex: O tractor non cabe por este paso, ten que dar a volta e entrar pola boqueira.

      Sinónimos: boquela, portela.
    2. s f

      Buraco nunha parede.

    3. boqueira da leña/do forno

      Furado practicado na parede de medio metro de alto e medio metro de longo aproximadamente, empregado para cargar a leña.

  1. s f

    Ferida pequena na comisura dos labios.

    Ex: Coa chegada do inverno aparécenme as boqueiras.

    Confrontacións: beceira.
  2. s f
    1. Boca pola que se dá saída á auga dunha gran canle.

    2. Porta de contención da auga neste paso.

  3. s f [PESCA]

    Aparello semellante á nasa feito de corda.

Palabras veciñas

Bopp, Franz | boqueada | boquear | boqueira | Boqueira | boqueiro | Boqueixón