Borg-in-Nadur
Borg-in-Nadur
Cultura do Bronce medio de Malta (s XIV-XIII a C), epónima do xacemento, que substitúe o Tarxense; algúns investigadores interpretaron tres fases culturais a partir dos diferentes tipos de cerámica (incisa rechea de pasta branca, plástica e incisa e pintada) que se suceden cronoloxicamente. Caracterízase pola presenza de potentes murallas de tipo ciclópeo rodeando os poboados e por unhas camáras funerarias escavadas na rocha de acceso vertical.