borla

borla

(

  1. s f [TÉXT]

    Ornamento composto por un botón do que penden moitos fíos ao xeito dunha campá. Emprégase como adorno nos uniformes militares, nas gaitas, nas cortinas, etc.

    Ex: Os uniformes militares adoitan ataviarse con pequenas borlas. Regaláronme unha borla para decorar o ronco da gaita. O gato desfixo as borlas da cortina de tanto pendurarse nelas.

    Confrontacións: pompón.
  2. s f [TÉXT]

    Insignia dos licenciados, graduados ou doutores no ámbito das universidades.

  3. borla azul [PLANTA]

    Herba do xénero Jasione, da familia das campanuláceas, de follas oblongas, de pequenas flores azuis con cinco estames, dous estigmas e corola de cinco lóbulos, dispostas en capítulos apertados. En Galicia están presentes: J. crispa subsp sessiliflora, no sueste; J. crispa subsp maritima, nos areais litorais; J. laevis subsp carpetana, nos sistemas de montaña orientais; e J. montana, en prados e ambientes secos de todo o país.