Borna, Petroglifo de

Borna, Petroglifo de

Gravado rupestre localizado na parroquia de Meira (Moaña). Ten dúas áreas diferenciadas: a inferior, un conxunto de trece embarcacións; a O, un conxunto de figuras humanas esquemáticas, en grupo ou illadas, que miran cara ao conxunto das embarcacións. O perfil de oito das embarcacións está trazado cun arco cóncavo cos extremos estilizados en forma de ‘pescozo de cisne’. Semella que todo o conxunto xira ao redor dunha embarcación central que remata a proa e popa con zoomorfos. Segundo Alonso Romero, que o descubriu en 1973, son unha representación das embarcacións de coiro que se empregaron nas costas galegas durante a Idade do Bronce.