Borneiro, Castro de
Borneiro, Castro de
Situado na parroquia de Borneiro (Cabana), aséntase no cumio dun montículo. A actividade neste castro remóntase ao s VI a C e dáse por finalizada no s I d C. As escavacións aquí realizadas puxeron de manifesto que o poboado estaba defendido por varias liñas de murallas tendo como único acceso coñecido unha pequena porta exterior situada, así mesmo, entre dúas murallas. As vivendas atopadas dentro do recinto amurallado son todas moi similares, con planta circular irregular ou do tipo de planta alongada, arredondada nos extremos. Atopáronse tamén pequenos muros de unión ou limitadores de vivendas, con escasa separación de paredes exteriores. Ten tamén un barrio exterior, entre ambos os dous recintos.