Borobudur
Borobudur
Gran santuario budista de Xava central (s VIII) correspondente ao primeiro período da arte xavanesa (ss VIII-X). Está composto de nove terrazas escavadas nun outeiro, que conteñen dagobas, estatuas de Buda e baixorrelevos. Restaurado pola UNESCO, en 1985 foi danado por unhas bombas.