boronatrocalcita
boronatrocalcita
s
f
[MINERAL]
Borato de sodio e calcio hidratado, de fórmula B5O9CaNa·8H2O, tamén denominado ulexita. Preséntase en agregados de cristais triclínicos, brancos e nodulosos. É materia prima na obtención do ácido bórico e de boratos. Presenta unhas propiedades ópticas moi interesantes para a fabricación de fibras ópticas.