Borrageiros
Borrageiros
[ONOM]
Apelido de orixe toponímica. Tratáse dunha forma híbrida en canto á grafía, xa que o nome de lugar ao que remite é Borraxeiros, parroquia da comarca do Deza. O topónimo pode indicar un lugar abundante en borraxes ‘planta herbácea anual ou vivaz, da familia das borraxináceas’ ou ser un derivado de borralla ou borrallo ‘brasa, montón de terróns queimados no monte’.