bosquimán -na

bosquimán -na

(< afrikaans boschjesman‘home da fraga’)

  1. adx

    Que pertence ao pobo bosquimán.

  2. s

    Individuo do pobo bosquimán.

  3. s m

    Pobo africano, que forma xunto co hotentote, a raza chamada khoisan. Os bosquimáns son de baixa estatura (1,52 m de media) e presentan, especialmente as mulleres, un arqueamento moi acentuado da columna vertebral na rexión esteatopixia e sacrolumbar. No s XVIII as migracións cara ao sur dos pobos bantúes obrigáronos a refuxiarse no deserto de Kalahari. Practican a caza e a súa unidade sociopolítica é a horda de cazadores.

  4. s m [LING]

    Lingua africana da familia joisana e do grupo sudafricano central tamén denominado hotentote. Fálase en Sudáfrica, concretamente no deserto de Kalahari. Contabilizáronse uns 50.000 falantes.

Palabras veciñas

bosquete | bosquexar | bosquexo | bosquimán -na | bossa nova* | Bosse, Abraham | Bosshard, Walter