boubín

boubín

(< grβουβών ‘íngoa, tumor’)

  1. s m [PLANTA]

    Planta do xénero Sedum, da familia das crasuláceas, de follas planas ou cilíndricas, flores pentámeras de pétalos libres e froitos foliculares. A propagación é vexetativa, grazas ás follas caedizas. Existen preto de 300 especies en todo o mundo, 30 na Península Ibérica e preto de 20 en Galicia. Moitos dos boubíns son propios de ambientes secos como rochedos, areais costeiros ou mesmo valados e tellados. As especies máis comúns en Galicia son: S. acre, de petálos amarelos; S. album, de pétalos brancos e talos de ata 20 cm de lonxitude; S. anglicum, de pétalos brancos, talos de ata 6 cm de lonxitude e perenne; S. arenarium, de pétalos brancos, talos de ata 6 cm de lonxitude e anual; S. brevifolium, de pétalos brancos, pubescente e coas follas opostas; e S. hirsutum, de pétalos brancos, pubescente e coas follas alternas.

  2. s m [PAT]

    Doenza semellante á epilepsia propia de animais como os porcos e os gatos.