Boulonnais

Boulonnais

País de Francia, nas proximidades de Boulogne. Formou parte na época romana da Belgica Secunda, e despois do reino franco de Neustria. Erixido en condado no s IX, pasou á casa de Ponthieu e, por casamento ou compra, a diversas casas. No ano 1422 tomouno Filipe o Bo, duque de Borgoña, e no 1478 foi incorporado por Luís XI á coroa francesa. Formaba parte da gobernación de Picardía.