Bounty
Bounty
Navío da mariña real británica, célebre polo motín acontecido en 1789 no curso dunha navegación polo Pacífico. William Bligh, o capitán, e 18 membros da tripulación foron abandonados no medio do océano, pero conseguiron chegar en bote a Timor. Algúns dos amotinados establecéronse en 1790 na illa de Pitcairn, no Pacífico sudoriental, onde viven os seus descendentes, que se mesturaron con mulleres polinesias.