bourbon*
bourbon*
s
m
[ALIM]
Tipo de whisky norteamericano elaborado como mínimo cun 50% de whisky de millo (o resto pode ser unha mestura de destilados de malte de orxo, malte de centeo, trigo ou millo). A elaboración consiste nos procesos de fermentado, destilado, e posteriormente avellentado en barricas de carballo novas, queimadas con carbón no seu interior. Esta técnica de elaboración foi inventada polo pastor baptista Elijah Craig en 1765 no condado de Bourbon (Kentucky). Tamén se elabora nos estados de Pennsylvania e Indiana.