Boyacá, Batalla de

Boyacá, Batalla de
[HIST]

Acción militar da Guerra da Independencia do vicerreinado de Nueva Granada acontecida o 8 de agosto de 1819. As tropas de Simón Bolívar derrotaron o exército real do xeneral Barreiro que se dirixía a Bogotá. Con esta vitoria, Bolívar asegurouse a independencia do vicerreinado.