1 boza

1 boza

(

  1. s f [MAR]

    Cadea ou trozo de cabo, firme a un lugar da cuberta do barco. Ten varias utilidades, entre elas as de aguantar momentaneamente un cabo ou un aramio mentres se amarra. Neste caso, sitúase a boza sobre o cabo e danse dúas voltas ao seu redor e, a continuación, unha ou dúas voltas máis en sentido contrario cun corte intermedio.

  2. s f [MAR]

    Cabo que está fixo na proa por un extremo para suxeitar co outro, por medio dalgunhas voltas, o cabo do que se está tirando nunha manobra, para que non escorregue mentres se amarra.