Brač
Brač
[it: Brazza] Illa do Mar Adriático situada en Dalmacia, Croacia (396 km2; 15.000 h). As súas principais localidades son os portos de Supetar e de Bol. A súa economía baséase na produción agrícola (viña, oliveiras) e na gandería lanar. Foi dominada sucesivamente polos romanos, bizantinos, narentanos, maxiares e por Venecia dende 1420 a 1797. Logo de estar baixo o dominio austríaco, en 1918 pasou a formar parte de Iugoslavia e en 1941 foi anexionada polo goberno italiano de Dalmacia. Ao remate da Segunda Guerra Mundial pasou de novo a formar parte de Iugoslavia. En 1991 quedou integrada, finalmente, en Croacia.