brácaro -ra
brácaro -ra
(< topónimo Bracăra‘Braga’)
-
adx
Relativo ou pertencente aos brácaros.
-
s
Individuo da tribo galaica prerromana dos brácaros.
-
s
m pl
[HIST]
Poboación indíxena que habitaba ao S da antiga Gallaecia no momento da chegada das tropas de Décimo Xuño Bruto. Aparece citado nas fontes clásicas polos historiadores Apiano, Plinio e Estrabón. Suponse que os brácaros tiñan por centro a propia localidade que logo será capital do Convento Bracarense, é dicir, Bracara Augusta, hoxe Braga, e pode que se estenderan tamén ata a Serra do Gurês.