bradicardia

bradicardia

(

  1. s f [FISIOL/PAT]

    Lentitude dos latexos do corazón, por debaixo de 60 pulsacións por minuto nos adultos e de 70 nos nenos.

  2. bradicardia nodal [FISIOL/PAT]

    Bradicardia producida por un ritmo nodal. Este ritmo, que aparece cando falla o sinusal, está entre 30 e 40 pulsacións por minuto.

  3. bradicardia sinusal [FISIOL/PAT]

    Bradicardia provocada por un ritmo sinusal lento. É frecuente en persoas sas e atléticas, e no puerperio, sen significado patolóxico, aínda que tamén está asociada a certos estados morbosos.

Palabras veciñas

Bradford | bradi- | bradiarritmia | bradicardia | bradicinesia | bradicinina | bradidiastolia