brains trust*

brains trust*
loc s [ECON/POLÍT]

Grupo de asesores que rodeou a Roosevelt en 1932 cando foi gobernador de Nova York, candidato á Presidencia e Presidente electo. Contribuíron á elaboración política do New Deal. Estaba composto por Ray Mole, Rex Tugwell e Adolf Berle. O concepto, ‘trust dos cerebros’, aplícase actualmente a calquera grupo de conselleiros económicos ou políticos que asesoran a un partido ou administración pública. No Reino Unido designou os expertos que respondían ás preguntas do público, especialmente os da BBC que durante a Segunda Guerra Mundial participaban nas emisións de radio.

Palabras veciñas

braille | Braille, Louis | Braine, John Gerard | brains trust* | brainstorming* | Brais | Brais Pinto