branco -ca

branco -ca

(< xerm blank ‘branco,brillante’)

  1. adx e s

    Que ten unha cor igual ou moi aproximada á do leite, da neve recente, do sal común, etc.

    Ex: Ficou branca como a neve.

  2. adx

    De cor clara, por contraste con outras cousas do mesmo tipo, de cor máis escura.

    Ex: O pan branco e o peixe branco é o que máis me gusta.

  3. adx

    Que carece de cor.

    Ex: Está branco coma un morto.

  4. adx

    Que deixa ver con claridade o que hai detrás.

    Ex: Para apreciar o viño debes servilo en copas de cristal branco.

    Sinónimos: transparente.
  5. adx e s m pl

    Dise da raza europea e caucásica en relación ás demais, caracterizada pola cor clara da súa pel.

    Ex: O home branco conquistou o oeste dos EE UU grazas ás armas. Os brancos impuxéronse a outras razas pola forza.

  6. s m

    Cor branca.

    Ex: A cor branca favorece moito á xente morena.

  7. s m

    Parte branca dalgúns obxectos.

    Ex: A pelota ten unha mancha no branco.

  8. s m

    Espacio libre dun libro ou plana de papel na que non hai escrito nada.

    Ex: O documento ten brancos para que ti os completes cos teus datos.

  9. s m

    Punto ao que se intenta dirixir un proxectil.

    Ex: As estradas son branco fácil para os bombardeos aéreos.

  10. s m

    Punto central dunha diana.

    Ex: Na festa había casetas de tiro ó branco.

  11. s m

    Fin ao que se dirixen os nosos desexos ou accións.

    Ex: O seu branco era chegar a xerente da compañía.

  12. adx [FÍS]

    Dise dunha luz cun espectro visible que presenta a mesma intensidade para todas as lonxitudes de onda; maniféstase coa luz solar ao mediodía (ou por unha luz análoga) ao reflectirse sobre un corpo cun factor de reflexión próximo a 1 para todas as lonxitudes de onda do espectro visible.

  13. [GRÁF]
    1. adx

      Aplícase aos elementos tipográficos máis baixos cós caracteres de imprenta; a súa finalidade é separar os caracteres, producindo espacios sen impresión.

    2. s m

      Cada unha das marxes situadas arredor da páxina dun libro.

      Ex: Este libro ten anotacións no branco.

  14. adx e s [HIST/POLÍT]

    Persoa que se considera politicamente conservadora ou reaccionaria. Aplicouse este cualificativo aos insurrectos monárquicos de La Vendée (1793), portadores do distintivo branco dos Borbóns, en contraposición aos revolucionarios, chamados azuis. Durante o s XIX, nas loitas políticas do estado español, denominouse brancos aos absolutistas, en contraposición aos liberais, chamados negros. Por oposición aos vermellos, en tempos recentes, cualificaron como brancos, os partidarios dunha acción anticomunista ou, en xeral, contrarrevolucionaria, especialmente o exército e os partidarios tsaristas durante a Guerra Civil Rusa (1917-1920).

  15. adx [IND]

    Aplícase á cor que adquiren certos metais en estado candente, xa pasada a fase de cor vermella ao superar unha temperatura de 1.300°C.

  16. [INFORM]
    1. adx

      Referido ao documento novo, sen contido (documento en branco), que crean diversas aplicacións para poder traballar nelas.

    2. s m

      Parte dun soporte de información no que non existe ningún carácter rexistrado.

  17. adx [MAR]

    Refírese ao cabo ou corda que non está alcatranado.

  18. s m [PINT]
    1. Pincelada ou trazo feito cun pigmento branco nos debuxos monocromáticos que marca os puntos ou zonas de máxima luminosidade.

    2. Na técnica pictórica da acuarela, a área do soporte que conserva a brancura orixinal do papel que queda de maneira intencionada sen pintar.

  19. s m [QUÍM/IND]

    Materia colorante de cor branca.

  20. branco da unlla

    Área branca semicircular situada na base da unlla.

  21. branco de antimonio [QUÍM/IND]

    Pigmento constituído por óxido de antimonio (III), con poder de cubrición superior ao branco de zinc e que non se ennegrece pola acción dos vapores sulfhídricos presentes na atmosfera.

  22. branco de bismuto [ARTESAN]

    Subnitrato de bismuto, usado como fundente nalgúns esmaltes cerámicos.

  23. branco de calcio [QUÍM/IND]

    Argamasa lixeira de cal con auga, empregada para branquear paredes, fachadas, teitos, etc.

  24. branco de chumbo [QUÍM/IND]

    Pigmento branco constituído por cerusa ou ben pola mestura de cerusa e branco de zinc. Foi empregado en técnicas pitóricas graxas (óleo, oleorresina).

  25. branco de chumbo sublimado [QUÍM/IND]

    Pigmento branco composto de sulfato básico de chumbo producido por torrefacción da galena ou do chumbo fundido nunha chama oxidante. Emprégase na elaboración de pinturas industriais e de paredes.

  26. branco de zinc [QUÍM/IND]

    Pigmento branco, composto de óxido de zinc, moi empregado en pinturas, con frecuencia como substituto do branco de chumbo, sobre todo desde que este foi prohibido en numerosos países. Utilízase en todas as técnicas pitóricas.

  27. branco de orde superior [FÍS]

    Radiación que produce no ollo a mesma impresión ca a luz branca de espectro continuo pero na que faltan algunhas lonxitudes de onda (máis de cinco) repartidas entre todas as cores.

  28. branco de titanio [QUÍM/IND]

    Pigmento branco con gran poder de cubrición, moi sólido á luz e quimicamente inerte, constituído por dióxido de titanio, do que existen dúas variedades cristalinas empregadas industrialmente: o rútilo e a anatasa. A primeira, emprégase principalmente en pintura de exteriores, e a segunda, en pinturas e vernices, aprestos, coloración do caucho, tintas de imprenta, etc.

  29. branco de España [QUÍM/IND]

    Pigmento branco que se obtén moendo calcita ou greda, con pouco poder cubrinte e, xa que logo, non apto para pinturas ao óleo, pero moi empregado como carga destas e tamén como abrasivo suave para puír metais.

  30. branco do dente [ANAT]

    Esmalte que cobre a coroa dos dentes.

  31. branco do ollo [ANAT]

    Parte que envolve a córnea transparente.

  32. branco do ovo

    A clara do ovo.

  33. branco fixo [QUÍM/IND]

    Pigmento constituído principalmente por sulfato de bario, obtido por precipitación, e empregado en pintura máis como carga que como pigmento, e como axente cubrinte. Utilízase na industria papeleira para darlle ao papel unha superficie adecuada para a impresión.

  34. carta branca [GRÁF/XOGO]

    Naipe no que non aparece pintada ningunha figura.

  35. loc adv en branco
    1. Sen escribir, sen imprimir, sen ningunha marca.

      Ex: No medio do libro había unha folla en branco.

    2. [ALIM]

      Forma de cocción das verduras para evitar que se poñan negras.

  36. en branco e negro [IND/ARTE]

    Dise da imaxe (de cine ou fotografía) que non ten cores, e que presenta unha tonalidades que van do branco ao negro pasando por varios tipos de gris. Oponse á expresión en cor.

    Ex: Nesa casa aínda teñen un televisor en branco e negro.

  37. forma de branco [GRÁF]

    Forma que imprime a primeira cara da folla de papel, na impresión tipográfica.

  38. fluxo branco [PAT]

    leucorrea.

  39. glóbulo branco [BIOL]

    leucocito.

  40. peste branca [PAT]

    tuberculose.

  41. verso branco [LIT]

    erso dunha composición poética carente de rima. Procede do Renacemento italiano (verso sciolto).

  42. viño branco [ALIM]

    iño elaborado con uva branca ou tinta non coloreada que pode ser seco (como principal expoñente dos chamados modernamente viños tranquilos), doce ou espumoso.

  43. voz branca [MÚS]

    oz que ten unha extensión comprendida dentro dos límites das voces de soprano e contralto. É propia dos nenos e das mulleres.

Frases feitas

  • Asinar en branco (un talón, un contrato). Asinar un documento sen que consten no lugar correspondente datos, limitación, etc.

  • Branca como o leite. De cor moi branca ou pálida.

  • Dar no branco, facer branco.

  • Quedar en branco. Non entender o que se le ou se escoita, ou esquecer o que se sabe.

  • 1 Acertar no punto preciso.

  • 2 fig Conseguir algo difícil ou decatarse de algo secreto.

  • Dar carta branca a alguén. Darlle plena liberdade para facer algunha cousa.

  • Facer do branco negro. Deformar a verdade ou a exactitude dos feitos.

  • Pasar a noite en branco. Non ser quen de durmir en toda a noite.

Refráns

  • O branco encobre moítas faltas.
  • Onde hai branco tamén hai negro.

Palabras veciñas

Branchiostoma | Branchipus | Branciforte | branco -ca | Branco, cabo | Branco, cabo | Branco, mar