branquial

branquial

(< branquia)

  1. adx [ZOOL]

    Relativo ou pertencente ás branquias.

  2. aparello branquial [ZOOL]

    Aparello respiratorio formado por branquias.

  3. arco branquial [ZOOL]

    Arco óseo ou cartilaxinoso que soporta as láminas branquiais dos agnatos e peixes.

  4. cámara branquial [ZOOL]

    Cámara que contén as branquias nos peixes óseos.

  5. cavidade branquial [ZOOL]

    Cavidade formada por unha pregadura cutánea que recobre as branquias das larvas acuáticas dos anfibios.

  6. fenda branquial [ZOOL]

    Cada unha das aberturas (de cinco a sete parellas) que aparecen nos dous lados da cabeza dos condritios. As fendas branquiais poñen en circulación a farinxe co exterior, e sobre elas se sitúan, pola parte de dentro, as láminas branquiais.

  7. lámina branquial [ZOOL]

    Cada unha das láminas dos arcos branquiais, irrigadas polas arterias branquiais, onde ten lugar a respiración branquial.

  8. respiración branquial [ZOOL]

    Respiración acuática realizada por medio das branquias. Teñen este tipo de respiración os animais acuáticos que respiran o osíxeno disolto na auga, como moitos moluscos, crustáceos acuáticos, larvas de anfibios e peixes.

Palabras veciñas

branqui(o)- | branquia | branquiado -da | branquial | branquiazul | branquífero -ra | branquioma