Brasa

Brasa
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe natural de Logroño que se estableceu en terras galegas. As súas armas levan escudo partido medio cortado: primeiro, en campo de ouro, un león rampante de púrpura, sostendo na súa pouta destra un tizón de goles; segundo, en campo de sinople, un castelo de prata, mazonado e aclarado de sable; terceiro, en campo de azul, unha banda de ouro engulida en cabezas de dragóns de sinople, perfiladas de ouro e acompañada de dúas veneras de prata. Recóllese tamén escudo cortado medio partido: primeiro, en campo de ouro, un león rampante de púrpura, sostendo na súa pouta destra un tizón de goles; segundo, en campo de sinople, un castelo de prata mazonado e aclarado de sable; terceiro, en campo de azul, unha banda de ouro engulida en cabezas de dragóns de sinople, perfiladas en ouro e acompañada de dúas veneras de prata.

Palabras veciñas

braquiloxía | Bras | brasa | Brasa | brasear | braseiro | brasicáceo -a